Antonio Hidalgo ensaiou cos futbolistas branquiazuis este xoves 18 de marzo no campo 2 do Dépor Training Center o plan para recibir este sábado 21 de marzo (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ao Real Zaragoza.
Ademais, o corpo técnico dispuxo, após unha activación con roda de pases un exercicio táctico.
Está con adestramento personalizado Loureiro por mor dunha escordadura no seu nocello dereito. A súa evolución nos próximos días marcará a súa dispoñibilidade.
Por outra banda, Mella está a ser intervido cirurxicamente este mércores 18 de marzo no Centro Médico Olympia de Madrid dunha lesión no ligamento lateral externo sufrida no partido ante o Granada CF.
En rolda de prensa, Diego Villares quixo facerlle chegar publicamente "unha mensaxe de agarimo e de apoio. Querémolo moitísimo. Vai volver moito máis forte. Hai que axudarlle nestes momentos difíciles que nunca é fácil para un xogador unha lesión deste tipo".
O que segue progresando cada día é Yeremay, que segundo desvelou o capitán deportivista ante os medios "xa puido facer un pouquiño máis. A medida que pasa a semana vai meténdose un pouco máis en dinámica. Esperamos terlle pronto de volta".
Bil, Noé e Samu foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Este xoves 19 de marzo está prevista unha nova sesión de traballo, ás 10:30 no Dépor Training Center.
