RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos prepáranse desde este martes 17 de marzo para "dar unha vitoria en ABANCA-RIAZOR e os 3 puntos, que é o que queremos máis"

O Dépor retoma os adestramentos no Dépor Training Center este martes 17 de marzo no horario habitual das 10:30 horas.

No Estadio Alfonso Murube, Arnau Comas non ocultou que o obxectivo este sábado 21 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) fronte o Real Zaragoza  é "unha vitoria en ABANCA-RIAZOR e os 3 puntos, que é o que queremos máis".

O triunfo sobre o AD Ceuta FC, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, e os resultados do resto da xornada deixaron a Os Nosos en 2ª posición con 52 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º).

Adrià Altimira pide "vivir o presente. Agora mesmo estamos segundos. Hai que valorar na posición que estamos, todo o que facemos, e centrarnos en nós".

O lateral deportivista, autor do tanto da vitoria no campo ceutí, cre que "é importante seguir nesta dinámica, sobre todo coa actitude que demostramos. E darlle unha alegría a #ANOSAFORZA". 

O corpo técnico dispuxo 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center con esta planificación:

Martes 17 de marzo
10:30 h.

Mércores 18 de marzo
10:30 h.

Xoves 19 de marzo
10:30 h.

Venres 20 de marzo
10:30 h.

Sábado 21 de marzo
21:00: Deportivo - Real Zaragoza, en ABANCA-RIAZOR