A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios dos partidos correspondentes á 34ª xornada de LaLiga Hypermotion, nas que o Dépor repite partido en ABANCA-RIAZOR, neste caso ante o Málaga CF xusto despois do Córdoba CF (31 de marzo).
O encontro ante o club malagueño está fixado para o sábado 4 de abril ás 18:30, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas.
Así pois, os horarios dos partidos de LaLiga Hypermotion xa confirmados do Dépor son:
31ª xornada
Sábado 21 de marzo, 21:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Real Zaragoza
32ª xornada
Sábado 28 de marzo, 21:00, Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini': Sporting de Gijón - Deportivo
33ª xornada
Martes 31 de marzo, 20:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Córdoba CF
34ª xornada
Sábado 4 de abril, 18:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Málaga CF
