Antonio Hidalgo destacou na sala de prensa do Estadio Alfonso Murube "a importancia de crer, de saber a dificultade que ten esta liga, de conseguir sumar de 3. Fóra de ABANCA-RIAZOR estamos a conseguilo".
Dedicou a vitoria a David Mella, "que agora mesmo está fóra. Imos ver canto tempo"; e subliña que "a xente segue crendo, a xente que saíu do banco estivo espectacular. Sentimos como grupo. Esa é a nosa fortaleza. Estou moi contento polo grupo porque cre moito, empuxa moito, sente moito o escudo, o que representa o Dépor".
O técnico deportivista explicou que "necesitabamos máis enerxía en banda. Coa perda de David Mella temos que buscar solucións canto antes. Alti viña xogando de lateral pero anteriormente fixera esa posición máis avanzada. Íanos a dar pé. Seguramente o balón cando chegase aí ía saír moito máis limpo. Metendo xente por dentro como Luismi gañamos un home máis para o inicio. Fomos capaces de establecernos en campo rival".
Destacou o traballo do canteirán Bil: "É un mozo encantador. Sente a profesión, quere ser futbolista, ten moitísimo fame. Dáo todo. Dános moitísimo nesa última liña e encima se é capaz de converter, moitísimo mellor".
Finalmente, lembra que "temos 52 puntos. Estamos agora mesmo en posicións de ascenso directo. As semanas cando perdes son complicadas, sobre todo emocionalmente. Temos que saber convivir con iso".
Pide "darlle moito valor aos xogadores porque cando fáltache un pouco de confianza, cando pasas unha semana mala, facer o partido que fixeron eles é moi importante. Atrevéronse a todo o que lles expuxen. Foron valentes, atrevidos. Tivemos esa claridade, esa tranquilidade con balón. Villares, Mario Soriano ou Luismi déronnos esa superioridade dentro. Estou moi contento diso. É un camiño a seguir".
