RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Arnau cre que "competimos moi ben" e Alti, que "esta vitoria nos vai a dar ese empuxón"

Arnau Comas e Altimira pasáronse pola zona mixta do Estadio Alfonso Murube.

O central deportivista cre que os 3 puntos "son moi bos para o equipo, para #ANOSAFORZA, para a xente que veu aquí ao campo que é unha viaxe complicada. E para o equipo vénnos fenomenal".

Subliña que "en Segunda División todas as vitorias son moi importantes; e se marcas nos últimos minutos fóra de ABANCA-RIAZOR e neste campo tan complicado aínda máis. É un partido que competimos moi ben e veunos ben posto que o último en casa fómonos cun mal sabor".

Arnau Comas ve a un equipo "moi unido. Xogue quen xogue temos unha idea clara. Os xogadores que entran do banco tamén nos axudan moito, dannos ese plus en momentos que podemos estar máis cansos. Estamos xuntos, o vestiario é unha piña. Nótase. Partidos como este dános un plus para afrontar os últimos partidos".

Pola súa banda, o goleador Altimira sente "moi feliz primeiro polos 3 puntos, polas ganas e o traballo que demostrou o equipo, tanto o once, como os que saíron desde o banco e os que non, que estiveron apoiando e animando".

Deu as grazas "a toda a afección desprazada, e moi feliz e contento polos 3 puntos".

Conta que na acción do gol do triunfo "deixáronme espazo, non mo pensei e coas forzas que me quedaban saíu un bo chute. Desde que saíu vin que ía moi ben o balón".

Finalmente, o futbolista catalán opina que "estes 3 puntos alíviannos moito porque viñamos dun partido non moi bo en ABANCA-RIAZOR. Esta vitoria vainos a dar ese empuxón. Viuse unha actitude moi boa de todo o equipo".