RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos pasan a noite en Ceuta e regresan este domingo 15 directos ao Aeroporto da Coruña

Finalizado o encontro no Estadio Alfonso Murube, cuxo resumo podes ver a pé de noticia, Os Nosos pasan a noite en Ceuta.

A expedición deportivista regresa este domingo 15 de marzo ao mediodía directa ao Aeroporto da Coruña.

Antonio Hidalgo citou aos seus futbolistas de novo o martes 17 de marzo no Dépor Training Center para unha sesión que arrincará ás 10:30 horas.

A próxima cita en LaLiga Hypermotion para o Dépor será o sábado 21 de marzo ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Real Zaragoza, en partido correspondente á 31ª xornada retransmitido en directo por LaLiga TV e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas.