Fran Alonso asegurou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o Dépor ABANCA, a pesar da derrota ante o FC Barcelona, ten "moita confianza, moitas ganas e crenza de que o imos a facer moi ben de aquí a final de temporada".
Polo choque ante as culés, o técnico deportivista sente "orgulloso das xogadoras. Démolo todo. Futbolistas que entraron desde o banco déronnos esa enerxía que nos faltaba. A pesar da derrota é para sentirse orgulloso. Non para estar contentas, porque nunca estaremos contentas se non gañamos pero si para estar orgullosas tendo en conta con quen nos enfrontamos".
Destaca que ante o Barça "fomos valentes para sacar o balón xogado" e sostén que este tipo de partidos "axúdannos moito de cara ao futuro. Dános esa experiencia de enfrontarnos a algunhas das mellores xogadoras do mundo. O equipo sente cada vez máis cómodo con rivais desta categoría".
Lembra que "é a nosa segunda temporada en Liga F por tanto son experiencias buenísimas para nós".
Finalmente, con máis de 4.000 afeccionados nas bancadas de ABANCA-RIAZOR, Fran Alonso recoñece que "cando hai moita xente téñense uns sentimentos especiais. Oxalá que nos seguintes partidos en ABANCA-RIAZOR repítase este aforamento porque nos axuda moito. A xente que veu pode estar orgullosa do seu equipo".
