RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

SOTELO convértese esta temporada en 'partner' tanto do Dépor como do Dépor ABANCA

SOTELO e o RC Deportivo unen as súas forzas esta temporada 2025-26.

Así, esta consultora tecnolóxica convértese en partner tanto do Dépor como do Dépor ABANCA.

Especializada en solucións dixitais para a industria, SOTELO axuda ás empresas a modernizar os seus procesos, optimizar operacións e innovar no seu modelo de negocio.

Conta cun gran equipo formado maioritariamente por mulleres, algo pouco habitual no sector IT. 

Apoiar o deporte de alto rendemento en ambas as categorías reflicte os valores que lles definen como empresa: compromiso, traballo en equipo e aposta polo longo prazo.

A marca SOTELO está presente tanto a través do soporte LED UTV nos partidos de Liga Hypermotion e Liga F como a través do Dépor Live (formato de retransmisión en directo dos partidos a través da canle oficial do RC Deportivo en YouTube). 

Para o Club, a vinculación a marcas como SOTELO supón dar estabilidade ao proxecto á vez que dar cada vez máis peso ao patrocinio do Dépor ABANCA.