O partido do Dépor ABANCA B ante o Burgos, o domingo 29 ás 12:00 na Cidade Deportiva de Castañares, é o partido destacado en ANOSACANTEIRA feminina.
As Nosas, que a pasada fin de semana caeron por 1-2 no campo Arsenio Iglesias ante As Celtas, ocupan a 11ª posición con 22 puntos.
Pola súa banda, as burgalesas son sextas con 38.
No partido da primeira volta disputado o pasado 14 de decembro venceu por 0-1 o Burgos CF.
ANOSACANTEIRA acaba de recibir a citación de Lucía Rivas e Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 do 30 de marzo ao 1 de abril. Estas sesións servirán para preparar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa do mes de abril.
Completa a xornada do domingo o encontro entre o Orzán SD Xuvenil e o Victoria CF B, ás 18:00 na Torre, correspondente á 23ª xornada en Primera Autonómica.
O sábado 28, os dous equipos infantís arrincan a segunda fase da temporada.
O Orzán SD Infantil A na Fase polo Título en Mos (12:30) e o B na Fase Plata na Coruña ante o Victoria CF (20:00).
Ten descanso o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación e ao Orzán SD Cadete na Liga Galega.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
23ª xornada: BURGOS CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 29 de marzo ás 12:00 na Cidade Deportiva de Castañares
Clasificación: ... 6. Burgos CF, 38 puntos... 9. Madrid CFF B e Atlético de Madrid C, 25 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 22 puntos; 12. Olímpico de León e Real Avilés Industrial, 18 puntos...
Tercera Federación
Clasificación: ... 8. Tomiño FC Femenino, 22 puntos; 9. Orzán SD Sub-21, 21 puntos; 10. SD O Val, 13 puntos...
Primera Autonómica
23ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - VICTORIA CF B, o domingo 29 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. Victoria CF B, 56 puntos... 12. Xallas FC, 21 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 16 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...
Liga Galega cadete
Clasificación: 1. Victoria CF, 52 puntos; 2. Orzán SD Cadete (un partido máis), 50 puntos; 3. SCD Milagrosa, 48 puntos...
Liga Galega infantil
Fase polo Título, 1ª xornada: UD MOS - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 28 de marzo ás 12:30 nas Baloutas (Mos)
Grupo 1º Plata, 1ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 28 de marzo ás 20:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
