O Dépor fixo un repaso este xoves 26 de marzo ás accións a balón parado de cara á visita ao Sporting de Gijón deste sábado 28 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV)
Despois dunha activación con fútbol-tenis, Antonio Hidalgo completou a sesión cunha tarefa táctica no campo 2.
Álvaro Ferllo afirmou na sala de prensa do Dépor Training Center que "o equipo se atopa moi ben, con moitísima confianza. As vitorias sempre reforzan"
O porteiro deportivista pide "seguir sendo igual de competitivos que nas últimas xornadas, agarrados aos partidos os 90 minutos".
Mella está con traballo personalizado e Lucas Noubi, concentrado con Bélxica sub-21 para disputar dous partidos nesta xanela FIFA.
Yeremay adestrouse outro día máis con normalidade. Preguntado polo canteirán, Ferllo desvelou ante os medios de comunicación que "está mellor pero necesita tempo. Hai que darlle o seu momento para que volva entrar dentro do equipo. O outro día xa puido volver encarar, a tentar ser el na súa máxima expresión. Eu véxoo mellor".
Lembra o gardameta deportivista que "vén a súa lesión é "complicada, produce bastantes molestias e ás veces impídeche facer cousas que cando estás ben as facías; pero está a facer un bo traballo de recuperación, estamos a arrouparlle todo o que podemos e sente o agarimo do vestiario. Sabe o importante que é para nós e en 1 ou 2 partidos podemos ver ao mellor Yeremay, ao que todos queremos".
Bil, Samu e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Este venres 27, Os Nosos atrasan o adestramento, que arrincará ás 12:00 en lugar do horario habitual das 10:30 porque, nada máis concluír, a expedición deportivista partirá de viaxe a Gijón.
