O partido do Dépor ante o Málaga CF deste sábado 4 de abril ás 18:30 horas en ABANCA-RIAZOR foi declarado polo RC Deportivo como "Día DÉ..." Concienciación sobre o Autismo.
O Club quere dar un paso á fronte e converter este día nun símbolo de compromiso, empatía e visibilidade.
Ademais, convídanos a mirar máis aló do terreo de xogo e a abrir o corazón a unha realidade que forma parte da nosa sociedade.
O fútbol non só une polas cores, senón tamén polos valores. E neste caso eses valores falan de respecto, comprensión e inclusión.
ABANCA-RIAZOR convértese nunha mostra de apoio ás persoas con autismo e ás súas familias como un recordatorio de que todos formamos parte do mesmo equipo, onde a diversidade nos fai máis fortes e máis humanos.
O RC Deportivo quere por outra banda que este 'Día DÉ' non quede só en 90 minutos senón no inicio dunha conciencia que perdure, que creza e que nos achegue. Entender é o primeiro paso para incluír, e xuntos somos imparables.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
