Antonio Hidalgo dispuxo unha xornada de sábado de baixa carga física para Os Nosos nunha semana longa de traballo.
O cadro arrincou a asollada mañá na sala de vídeo.
Xa no campo, e con outra sesión por diante este domingo 19 de abril ás 10:30, os futbolistas realizaron unha activación antes duns rondos e fútbol-tenis.
O traballo no céspede concluíu cunha tarefa de finalizacións no campo 2 e un repaso ás accións a balón parado.
Con Mella con adestramento personalizado, Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.
Este domingo 19 de abril, o Dépor realizará no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas a última sesión de adestramento previa ao partido deste luns 20 de abril ás 20:30 horas (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Mirandés.
Dani Barcia cre que esta temporada "me vai a facer crecer moito"
#OSNOSOS
Os Nosos aceleran a preparación da visita do CD Mirandés a ABANCA-RIAZOR "centrados no noso partido"
#OSNOSOS
Riki receita neste tramo final "ir semana a semana. Dise o de partido a partido pero eu levaríao a adestramento a adestramento"
#OSNOSOS
Segunda sesión do Dépor nunha semana que permite "ir recuperando a xente que leva máis carga para que chegue mellor a este tramo final"
#OSNOSOS
