RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dani Barcia cre que esta temporada "me vai a facer crecer moito"

Dani Barcia pasouse este venres 17 de abril pola sala de prensa do Dépor Training Center.

O central coruñés opina que a concentración "se pode traballar. Todo se pode traballar. Levamos toda a temporada tentando mellorar este aspecto. Iso xa se está reflectindo. Agora vai ser máis fácil porque imos ter que estar todo o mundo ao 100%".

Do CD Mirandés, rival este luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, advirte que "non teñen nada perdido. Aínda quedan moitos partidos. En Segunda División xa se ve que todos os partidos son moi fodidos. Temos que seguir apertando para tentar gañalo".

Cualifica a ANOSAFORZA como "incrible" e "só lle pido que sigan como até agora. Un luns entenderíase que non haxa tanta xente pero seguro que a vai a haber. Que sigan así porque nos vai a ir moi ben a nós e a eles", concluíu.

A nivel persoal, Dani Barcia pensa que "esta temporada me sentou moi ben deportiva como extradeportivamente. Vaime a facer crecer moito. Estou a demostrar que o podo facer. Estou moi contento. Teño que seguir nesta liña e as próximas temporadas ir a máis".