RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Riki receita neste tramo final "ir semana a semana. Dise o de partido a partido pero eu levaríao a adestramento a adestramento"

Riki subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que estas últimas 7 xornadas de LaLiga Hypermotion afróntanse "mirando máis ao curto prazo que a futuro. O que hai que facer é ir semana a semana. Dise o de partido a partido pero eu levaríao a adestramento a adestramento. Non mirar máis aló, ir tendo boas sensacións todos os días, e afrontalo coa naturalidade e tranquilidade que leva; sabendo que cada semana que pasa é máis relevante e ten máis importancia". 

O futbolista asturiano opina que "de aquí até o final vai estar todo moi apertado. Fai 2 ou 3 semanas o Racing estaba a 7 puntos máis o golaverage e parecía que o tiña bastante encarrilado e logo 2 semanas despois se perdía o outro día podiamos mesmo adiantalos".

Por conseguinte insiste en "non mirar máis aló, ir semana a semana, ser conscientes que cada partido ten moita importancia e máis a estas alturas, e ir levándoo coa naturalidade co que o estamos levando".

Cre que o choque deste luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés "vai ser moi complicado. Son xente moi nova, de moita calidade, con algúns cedidos que deica pouco estarán en Primera División. Á parte están nunha situación bastante límite, polo que practicamente só válelles gañar".

Espera de Os Nosos "estar ao nivel, saír conectados. A ver se pronto se nos pon o partido de cara".

Fixado un luns o encontro, Riki cre non obstante que "tampouco hai que dicirlle nada a ANOSAFORZA, que está claro que está connosco. E máis a estas alturas de temporada. Xa o demostraron no partido entre semana, ante o Córdoba CF. Non teño ningunha dúbida que van estar connosco. Esperamos conseguir os 3 puntos e que sexa un bo día para todos".

Finalmente, Riki resta importancia a que o partido ante o CD Mirandés sexa o último da xornada: "Nunca sabes que é o mellor porque moitas veces che saen resultados de cara que se ganas favorécenche. E logo non es capaz de gañar ou che pos máis ansioso. Ao final todo pasa porque nós gañemos, porque esteamos ben, porque levemos a cabo o plan de partido e porque sumemos os 3 puntos".