RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor recibe ao CD Leganés este venres 1 de maio, día festivo, ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR

A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios dos partidos correspondentes á 38ª xornada de LaLiga Hypermotion, na que o Dépor recibe en ABANCA-RIAZOR ao CD Leganés.

O encontro está fixado para o venres 1 de maio, día festivo, ás 18:30, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas.

Así pois, os horarios dos partidos de LaLiga Hypermotion xa confirmados do Dépor son:

36ª xornada
Luns 20 de abril, 20:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - CD Mirandés

37ª xornada
Sábado 25 de abril, 18:30, O Plantío: Burgos CF - Deportivo

38ª xornada
Venres 1 de maio, 18:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - CD Leganés