RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Semana longa de traballo para Os Nosos, que necesita "sumar de 3 porque na parte alta está a porse todo carísimo"

O Dépor, este martes 14 de abril con traballo complementario orientado a lesionados e a futbolistas con adestramento específico, inicia este mércores 15 de abril unha semana longa de adestramentos de cara ao encontro deste luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés.

Os resultados da última xornada, co empate en Huesca, deixaron a Os Nosos na 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 61 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º). Por diante queda o Real Racing Club, líder con 65 puntos.

Antonio Hidalgo lembrou na sala de prensa de El Alcoraz que "seguimos sumando, que é o importante na categoría".

Advirte que "se queremos aspirar a todo temos que sumar de 3 porque na parte alta está a porse todo carísimo. Todo o mundo suma. Si que é certo que hai moitos enfrontamentos directos".

Os Nosos completarán 5 sesións de adestramento matinais no Dépor Training Center previas ao choque ante os burgaleses, con esta planificación:

Martes 14 de abril
Traballo complementario

Mércores 15 de abril
10:30 h.

Xoves 16 de abril
10:30 h.

Venres 17 de abril
10:30 h.

Sábado 18 de abril
10:30 h.

Domingo 19 de abril
10:30 h.

Luns 20 de abril
20:30: Deportivo - CD Mirandés, en ABANCA-RIAZOR