RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Luismi Cruz xa espera a ANOSAFORZA o luns en ABANCA-RIAZOR e Loureiro asegura que "somos un grupo forte"

Luismi Cruz e Miguel Loureiro pasáronse pola zona mixta de El Alcoraz.

O atacante gaditano, autor do gol deportivista ante a SD Huesca, admite que "nos imos cun sabor agridoce. Tiñámolo aí para poñernos nunha situación moi bonita. Sacar os 3 puntos aquí era moi importante. Hai que mirar cara a adiante".

Cre que o empate final "é un golpe duro pero este equipo xa viviu varios golpes duros e soubo reporse".

Luismi asegura, iso si, que "o mércores xa imos estar coa mente en sacar o partido do luns (ante o CD Mirandés). Esperamos a ANOSAFORZA en ABANCA-RIAZOR que seguro que nos vai a levar polo aire".

Pola súa banda, Miguel Loureiro recoñece que os futbolistas branquiazuis están "un pouco amolados. O partido ía como planearamos. Sabiamos que eles necesitaban gañar, que ían apertar, a facerse fortes na primeira parte con centros laterais, con moito balón parado, a meternos na nosa área. O equipo estivo ben, soubemos ter calma, estar tranquilos, saber que o partido duraba 90 minutos e na segunda axustar cousas para facerlles dano. Conseguimos o gol, puxémonos por diante que era o máis difìcil e nese final estamos amolados porque temos que xestionar un pelín mellor esas situacións".

Pide ver "a parte positiva, de seguir sumando, de conseguir 1 punto fóra de casa aínda que neste momento custa e estamos amolados".

O central coruñés lembra que "isto é fútbol, estas cousas suceden e hai que aprender delas. Non nos vai a afectar como equipo, como grupo nin moito menos. Seguimos nesa boa dinámica de sensacións. O equipo está forte, somos un grupo forte e non imos deixar que esta situación nos condicione para os seguintes partidos".