Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de El Alcoraz que, despois de encaixar o gol do empate no desconto, "témonos que levantar entre todos. Hai que sufrir o momento porque doe perder 2 puntos pero saber que quedan 7 partidos por diante. Hai que seguir empuxando".
O técnico deportivista asegura que "necesitamos a todo o mundo nese pico de confianza, de concentración".
Pide "aprender dos erros" e está convencido que "ANOSAFORZA vai estar connosco empuxándonos neste momento no que demos ese paso adiante".
Antonio Hidalgo insiste en "levantarse pronto. Estamos contrariados polo resultado aínda sabendo que fixemos o suficiente para levarnos os 3 puntos. Hai que seguir puíndo eses pequenos detalles nos que fago sempre fincapé e a concentración ao límite porque esta categoría sempre ponche en problemas".
Finalmente, de volta en El Alcoraz, o adestrador do Dépor sentiu "moi querido. Volver á que foi a miña casa durante 2 anos foi unha alegría. Ver a moita xente coa que compartimos, sufrimos moitísimo... É unha alegría atopar a moita xente".
