RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Segunda sesión do Dépor nunha semana que permite "ir recuperando a xente que leva máis carga para que chegue mellor a este tramo final"

O Dépor completou a segunda sesión de adestramento no Dépor Training Center nunha semana longa que o equipo leva, segundo apuntou Riki na sala de prensa, "con tranquilidade preparando o partido do luns sabendo que temos tempo suficiente para iso".

O ter tantos días entre partido e partido (do domingo 12 de abril en Huesca ao luns 20 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés) permite, segundo o centrocampista asturiano, "ir recuperando a xente que leva máis carga para que chegue mellor a este tramo final".

Unicamente David Mella estivo á marxe do grupo, con adestramento personalizado supervisado polo readaptador Fernando Rodríguez.

Após unha activación con rondos, o equipo realizou un xogo de posición no campo 2 e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este venres 17 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.