Antonio Hidalgo acelera a preparación do partido que pecha a xornada da fin de semana en LaLiga Hypermotion o luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Mirandés.
Neste sentido, Dani Barcia pediu este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center "estar centrados no noso partido".
O central coruñés lembra que a semana é "longa como fai moito que non tiñamos esta temporada. A min non me gusta porque se fai bastante longo. Temos que adaptarnos".
No entanto, asegura que "necesitamos preparar o partido, ir cada día adestrando, ver comó xogan eles, como xogamos nós; e iso é o que nos dá ese plus o finde para tentar conseguir os 3 puntos".
O corpo técnico dispuxo este venres, após unha activación, unha tarefa de transicións e un ensaio do plan de partido no campo 2.
Bil, Noé e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA; mentres que David Mella foi o único futbolista con adestramento personalizado.
Este sábado 18 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.
