RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Táboas entre FC Porto e Dépor ABANCA nun amigable disputado en Portugal

Nesta segunda semana de parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, si competiu o Dépor ABANCA, aínda que fose en forma de amigable.

O rival das Nosas foi este venres 17 de abril o FC Porto, que milita na Segunda División portuguesa.

O encontro xogouse a porta pechada no Estadio Luiz Felipe Meneses na localidade lusa de Olival.

Fran Alonso non puido contar coas internacionais Inês Pereira, Espe Pizarro, Hildah Magaia, Lucía Rivas e Redru.

Houbo empate final a 3 goles despois duns entretidos 90 minutos.

Eva Dios abriu a conta goleadora do Dépo ABANCA á media hora de xogo.

Após o descanso, e co partido costa arriba (3-1), Paula Gutiérrez no 87 e Raquel no minuto 90 asinaron o empate.

Ademais, o colexiado do encontro anulou de maneira rigorosa un gol a Marisa xusto antes do tanto de Paula.

Deportivo ABANCA: Martina Rivas, Samara, Mariña Artero, Elena, Monteagudo, Henar, Eva Dios, Lía, Ainhoa Marín, Bárbara e Marisa. Tamén xogaron: Antía Veiga, Merle Barth, Raquel, Beira, Olaya e Paula Gutiérrez.