Inês Pereira está concentrada con Portugal para dous partidos clasificatorios para o próximo Campionato de Europa 2027.
O segundo deles e último desta xanela FIFA será este sábado 18 de abril ás 16:00 no Estadio Tratan Area de Kosice ante Eslovaquia.
Con 3 partidos xogados no grupo B, Portugal encabeza a clasificación con 9 puntos. As eslovacas, con 3 puntos, ocupan a 3ª praza do grupo.
No choque da primeira volta disputado o pasado mes de marzo en Barcelos venceron por 4-0 as lusas.
O primeiro dos encontros desta xanela FIFA xogouse este martes 14 de abril en Letonia.
A gardameta deportivista foi titular nun partido resolto con goleada lusa por 0-3.
O calendario de partidos de Inês Pereira, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Martes 14 de abrilLETONIA 0 - PORTUGAL 3
Sábado 18 de abril16:00: ESLOVAQUIA - PORTUGAL, no Estadio Tratan Area de Kosice
Inês Pereira, unha das fixas na súa selección, suma campaña 22 partidos co Deportivo ABANCA en Liga F.