RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas e Redru clasificáronse para a Fase Final do Campionato de Europa sub-19 de Bosnia e Herzegovina

-Foto:@rfef.es

 

Lucia Rivas e Paula Redruello 'Redru' estiveron concentradas coa selección española sub-19 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría que se xogará en Bosnia e Herzegovina do 27 de xuño ao 10 de xullo.

Os rivais de España foron Hungría, Irlanda del Norte e Portugal na localidade lusa de Oeiras.

O terceiro e último partido das españolas xogouse ante as portuguesas este sábado 18 de abril.

Ambos os equipos chegaban ao choque empatados a 6 puntos após superar anteriormente a Hungría e Irlanda del Norte. España ía por diante no grupo por diferenza de goles: +6 por +4 de Portugal. 

Por conseguinte, valía un empate para selar a clasificación. E conseguírono as españolas (0-0).

Lucía Rivas e Redru seguiron o choque desde o banco e non chegaron a saltar ao terreo de xogo.
 
A segunda cita para as canteirás branquiazuis foi ante as irlandesas este mércores 15 de abril na Cidade do Futebol en Oeiras.

Tivo minutos Lucía Rivas, que saltou ao campo após o descanso en substitución de Alba Cerrato.

O triunfo por 3-0 foi para as españolas.

O primeiro partido foi o pasado domingo 12 de abril ante Hungría. Venceu tamén España por 3-0.

Lucía Rivas e Redru saltaron ao céspede após o descanso en substitución de Lúa Arufe e Irune Dourado respectivamente.

Os resultados de Lucía Rivas e Redru foron os seguintes:

Domingo 12 de abril
ESPAÑA 3 - HUNGRÍA 0

Mércores 15 de abril
ESPAÑA 3 - IRLANDA DEL NORTE 0

Sábado 18 de abril
PORTUGAL 0 - ESPAÑA 0

Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17. 

Esta temporada no Dépor ABANCA de Liga F suma 11 partidos xogados, 5 deles como titular, con 1 gol anotado. Así mesmo, no filial de Segunda Federación leva 11 partidos, 8 deles como titular.

Pola súa banda, Redru xogou 14 partidos coas Nosas na máxima categoría do fútbol español, 3 deles como titular.

Así mesmo, no Dépor ABANCA B participou en 14 partidos, todos eles de titular, nos que anotou 1 gol.