RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

'Desde o Presidente ata o míster confiaron en min', razoa Manuel Pablo sobre a súa continuidade

Manuel Pablo, capitán do Deportivo, compareció en sala de prensa hoxe venres, na segunda xornada de pretemporada do primeiro equipo. "Tenía un pouco de ganas de seguir, pero también tenía que confirmar coas partes.

Recoñece que na súa continuidade influíu a presenza de Víctor Sánchez do Amo no banco deportivista: "Desde que chegou xa contou comigo desde o principio. O primeiro partido xa me puxo, viume, confiou en min e víame que podía seguir".

Confesa falar xa con Juan Carlos Valerón, recentemente ascendido coa UD As Palmas: "Estou moi alegre por el e pola Unión Deportiva, que levaba dous anos ou tres tentándoo. Creo que llo merecían e fixeron unha gran campaña. Esperando un pouco o calendario". "Sempre estamos con éso, que non nos retiramos ata que se retire o outro. Temos esa pelexa. Alégrome porque o Fraco merécese estar en Primeira División por todo o que deu. Cando nos atopemos haberá pique", chancea.

Explica que a súa misión esta tempada será, ademais de xogador, "tamén como o ano pasado, tentar que o grupo estea compacto o máis posible. Pero éso é traballo tamén dos propios compañeiros. Levar as cousas con normalidade, que é o que digo sempre".

De face aos obxectivos do Deportivo esta campaña, "o noso obxectivo é salvar a categoría pero que non cheguemos con esas angustias ata o final. Oxalá podamos render ben e ser un equipo un pouco máis regular que o ano pasado. Con éso creo que dará para non sufrir ata o final".

Valora a chegada de futbolistas como Navarro ou Arribas: "Son xogadores que renderon, que teñen a súa experiencia xa. Son xogadores importantes, que nos van a dar moito. O ano pasado sufrimos moito atrás, recibimos moitos goles. Despois Fabricio estivo inconmensurable. É unha tarefa que temos que mellorar".

Comenta que a liña do Club en canto ás novas incorporacións é "buscar xente competitiva, que xa sabes que ten un rendemento. Non con xente nova que non sabes como rende en situacións máis difíciles. Pero tamén o mercado marcarache esa zona que agora nos falta de mediocampo para arriba. Imos ver o que podemos conseguir".