
DÉPOR ABANCA · 7 XULLO 2025
SARA EXTREMERA ÚNESE AO DÉPOR ABANCA
Sara Extremera Solá (Barcelona, 4 de outubro de 2001) únese ao Dépor ABANCA esta temporada 2025-26.Esta lateral esquerdo, formada na canteira do RCD Espanyol e cunha etapa tamén na do FC Barcelona, procede do Real Madrid B, equipo ao que chegou na temporada 2023-24 en Segunda Federación e co que logrou o ascenso.A temporada pasada en Primera Federación xogou co filial branco 21 partidos, 18 deles como titular.No RCD Espanyol logrou o ascenso a Primera Nacional co filial (2018-19) e á temporada seguinte proclamouse campioa da categoría.Finalmente na temporada 2021-22 ascendeu a Primera División co primeiro equipo espanyolista após xogar 29 partidos, sendo pois unha das indiscutibles no once inicial.A futbolista catalá é o sexto reforzo de As Nosas confirmado esta temporada após a fichaxe de Olaya Rodríguez, de Merle Barth e Esperanza Pizarro; máis a continuidade da internacional portuguesa Inês Pereira e da internacional española Marina Artero.

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...

Vitoria este mércores 21 do Benxamín A en Santa María del Mar...