RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova sede da Dépor Escola Feiraco en Ordes

FUNDACIÓN · 21 OUTUBRO 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS O VINDEIRO 29 DE OUTUBRO NA NOVA SEDE DA DÉPOR ESCOLA FEIRACO EN ORDES

A Dépor Escola Feiraco inaugura a nova sede de Ordes cunha xornada de portas abertas o vindeiro xoves 29 de outubro no campo de Vista Alegre, coa colaboración da SCD Órdenes e do Concello de Ordes.Dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, hai habilitadas 2 quendas, de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 horas.Esta escola profesional de fútbol defínese por:-Atención e progreso individual- Valores e identidade deportivista- Formación técnica especializada e dirixida por adestradores do RC Deportivo- Unha actividade de tecnificación e o complemento semanal perfectoAs sedes e quendas que xa están en funcionamento, con todas as prazas dispoñibles, son as seguintes:-Sede de AlvedroIniciación (nados entre 2020 e 2022): De luns a xoves de 17:00 a 18:00 horasTecnificación (nados entre 2016 e 2019): De luns a xoves de 18:00 a 19:00; e os venres de 16:30 a 19:30 horasPerfeccionamento (nados entre 2013 e 2017): De luns a xoves de 19:00 a 20:00 e os venres de 19:30 a 20:30 horas-Sede de Bertamiráns (nados entre 2013 e 2020)Os martes de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30-Caranza (nados entre 2013 e 2020)Os martes e mércores de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30-Diversidade Funcional (nados entre 2013 e 2020, e nados entre 1986 e 2012)Os martes de 17:00 a 18:00 (pequenos); e de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 (adultos) na Cidade Deportiva da Torre-Escola de PorteirosOs martes de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 no Dépor Training Center-Sede de PaiosacoOs mércores de 16:30 a 17:30 (nados entre 2015 e 2020) e de 17:30 a 18:30 (nados entre 2013 e 2018)-Sede de Sada (nados entre 2013 e 2020)Os mércores de 17:15 a 18:15; e os venres de 16:15 a 17:15 e de 17:15 a 18:15-Sede do Colexio XesuitinasOs mércores 1º e 2º de Primaria ás 13:35Os venres 3º e 6º de Primaria ás 12:15O esencial da Dépor Escola Feiraco-Téñense en conta as necesidades de cada neno e nena para que gocen, gañen confianza e se sintan seguros.-Formamos para comprender o xogo, decidir mellor e desenvolver a intelixencia táctica.-Técnicos titulados aplican un modelo baseado no reforzo positivo, a proximidade e a motivación constante.-Educamos no compañeirismo, o respecto, a disciplina e o orgullo de pertenza ao Dépor.-Sesións dinámicas e estruturadas para gozar e reforzar o que xa adestran nos seus equipos.Que inclúe a Dépor Escola FeiracoA Dépor Escola 2026-27 inclúe o seguinte:-1 ou 2 horas de adestramento á semana con técnicos do Real Club Deportivo e da Fundación RC Deportivo-Diploma ao rematar a actividade-Equipamento do RC Deportivo NIKE composto por camiseta e pantalón-Seguro de accidentes-Participación en sorteos de agasallos e entradas entre os integrantes da Escola-Actividades sorpresaToda a información sobre tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse nesta ligazón.Para calquera dúbida ou consulta sobre a actividade, así como para calquera problema co proceso de inscrición, poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected] e no teléfono: 645 67 41 59 (de luns a venres de 09:30h a 14:00h).