RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Villares: "Estamos satisfeitos co partido que fixemos"

Diego Villares, que esta tarde xogou o noventa minutos ante o Real Madrid Castilla, atendeu aos medios de comunicación no Estadio Cantarrana.

O centrocampista galego recoñeceu que era "difícil" volver protagonizar un resultado como o do pasado mércores ante a SD Ponferradina en Vilalba; aínda que apunta que no primeiro tempo "tivemos varias ocasións para poder abrir o marcador. Na segunda, mermados algo fisicamente, custounos un pouco máis e eles chegáronnos algunha vez máis. Estamos satisfeitos co partido que fixemos e a seguir preparándonos".

Lamentouse das ocasións falladas como a de Mella, Quiles, Narro pero advirte que "se se teñen que fallar que sexa agora en pretemporada e que na liga entren todas".

Despois dunha semana con dous partidos (SD Ponferradina e Real Madrid Castilla), Villares sostén que "era importante coller minutos á parte deses 45 que viñamos xogando; e hoxe para min cos 90 saber que os levo bastante ben aínda que ao final cústeche un pouco máis. Pero é normal, estás a empezar".

Preguntado por Isi Gómez, desvela que "me entendo moi ben con el tanto dentro como fose do campo. Pódenos dar bastante, sobre todo ese xogo por dentro, esa combinación co mediapunta que estamos a empregar máis nestes partidos".

Con moita competencia na sala de máquinas coa chegada de reforzos a esa zona, apunta que lle dá igual actuar por dereita e esquerda aínda que "tamén depende do compañeiro que teña á beira".