RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Villares: "Hai moi bos equipos e a loita polo primeiro posto vai estar moi competida até o final"

Diego Villares subliñou esta mañá após recibir o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de decembro que "para min é un orgullo poder coller este tipo de premios e máis porque o outorga #ANOSAFORZA. Ves que o teu traballo se ve recompensado".

Lateral dereito o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Unionistas de Salamanca CF, o polivalente futbolista branquiazul lembra que "a miña posición de sempre é o centro do campo, aínda que se teño que xogar de lateral polo que sexa, porque o míster o crea conveniente, vouno a facer sen ningún problema. Eu estou encantado de poder axudar".

Do choque deste sábado 14 de xaneiro en Alcorcón (17:00 horas, TVG-2 e InSports.tv), opina que "é un partido importante porque é un enfrontamento directo. Nunca se sabe cando podes necesitar ese golaverage que pode ser clave a final de liga. É un partido importante aínda que non empezamos nin a segunda volta", conclúe.

Subliña do conxunto madrileño "eses cambios de xogo, o virar o xogo con futbolistas por dentro como Pedro Mosquera ou Javi Lara. Onte fixemos un pouco máis de fincapé niso".

Diego Villares cualificou de "incrible" o ambiente vivido o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR con motivo do partido ante o Unionistas de Salamanca CF: "Puidémolo ver máis veces, aínda que o efecto Lucas axudase", engade.

Precisamente sobre o dianteiro coruñés indica que "se está axustando moi ben ao equipo e lendo moi ben en que nos pode axudar".

No entanto Diego Villares, a pesar do "reforzo de luxo como é Lucas", advirte que "hai moi bos equipos e a loita polo primeiro posto vai estar moi competida até o final".