RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Villares queda con que "recortas un punto ao primeiro" e lembra que o Dépor "depende de si mesmo"

Diego Villares vaticinou en rolda de prensa partidos lonxe de ABANCA-RIAZOR "difíciles, máis cando a xente na súa casa aperta e neste último tramo de temporada todos queren sacar os puntos".

Do partido ante o Real Madrid Castilla, o mediocentro deportivista apunta que a primeira media hora "levamos o peso do partido e dominamos bastante co noso estilo. A partir do gol vímonos un pouco abaixo. No descanso cambiaron a súa forma de xogar e non soubemos ler o partido, sobre todo con eses mediapuntas que recibían aí por fóra, facíannos xogar máis atrás e tamén nos custaba saír porque estabamos metidos atrás".

Analizando ese punto logrado, cre que "hai quedar con que recortas un punto ao primeiro e agora facelo bo con esta vitoria este domingo".

Villares lembra que "dependes de ti mesmo. Quedan 11 xornadas nas que se o gañas todo, ascendes directo. Pode ser que tanto nós como como #ANOSAFORZA quedouse un pouquiño frío despois desa segunda parte co Real Madrid Castilla, que nos dominaron eles aquí en ABANCA-RIAZOR; pero estás aí preto do AD Alcorcón e con nada che pos primeiro".

Desvela que a nivel físico "inflúeme bastante a semana. Se podes adestrar con normalidade, se podes completar os adestramentos e se te ves a bo nivel físico, iso sempre repercute no partido e eu creo que tanto os meus compañeiros como o resto de futbolistas é igual. Vimos que o Castilla aguantou perfectamente sen facer ningún cambio. Tamén a idade nótase. Son rapaces e iso sempre axuda".

Dos equipos que pelexan pola praza de ascenso e polos postos de playoff, o futbolista branquiazul opina que "o equipo que máis me gustou é o Castilla. Foi o que máis nos dominou e o que mellor nos soubo xogar, pero ese primeiro posto vaise a decidir co Alcorcón. É o que mellor o ten e até o final vai estar aí pelexando".

Non lle concede especial importancia ao feito de ter que medirse neste tramo final a outros rivais directos: "Tes que enfrontar a todo o mundo antes ou despois. Pode ser positivo porque nos enfrontamentos directos, se ganas evitas que o teu rival some. Iso tamén é importante e que estea agora no último tramo de temporada, faio máis importante aínda".

Finalmente, achega do céspede do Reino de León, escenario do partido ante a Cultural e Deportiva Leonesa este domingo 19 de marzo ás 17:00 horas (InSports.tv), estadio no que o Xuvenil A acaba de disputar a semifinal da Copa do Rei ante o UD Almería, afirma Villares que "puiden ver a semifinal. Pola retransmisión diríase que estaba un pouquiño irregular, blandiño pero eu creo que vai estar agora nas mellores condicións posibles. Aínda que estea como o vimos a semana pasada, inflúe igual para a 'Cultu' que para o Dépor e tamén temos que saber xogar con iso".