RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elena Vázquez xógase mañá ante Dinamarca unha praza para a fase final do Campionato de Europa

A canteirá deportivista Elena Vázquez disputa en Serbia coa selección española sub-17 a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia son os rivais. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

España e Dinamarca, ambos con 2 vitorias nas dúas primeiras xornadas e por conseguinte con 6 puntos xóganse mañá sábado ás 14:00, na 3ª xornada desta Rolda 2 de clasificación, unha praza na Fase Final do Campionato de Europa.

Cunha mellor diferenza de goles, ás españolas válelles un empate fronte ás danesas para selar a súa clasificación.

O pasado domingo, ante Bielorrusia na 1ª xornada, Elena Vázquez seguiu desde o banco un choque que acabou en goleada española: 6-0.

A segunda cita foi o mércores no Sports Center da FA Serbia, ante as anfitrioas do torneo. Gañaron claramente as españolas (0-5) e a defensora do Dépor ABANCA B saltou ao céspede no minuto 58 en substitución de Daniela Martínez, con 0-3 no marcador.

O calendario da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 12 de marzo
ESPAÑA 6 - BIELORRUSIA 0

Mércores 15 de marzo
SERBIA 0 - ESPAÑA 5

Sábado 18 de marzo
14:00: ESPAÑA - DINAMARCA

A consecuencia deste torneo coa selección española sub-17, Elena Vázquez será baixa na visita do seu equipo, o Dépor ABANCA B, mañá sábado 18 de marzo ás 17:00, ao Olímpico de León en partido de liga en Primeira Nacional.