RCD / NOVAS

Emilio Quesada e Antonio López recibiron a súa insignia de ouro e brillantes do RC Deportivo polos seus 75 anos como socios

10/06/2022 13:12

Os socios do RC Deportivo Emilio Quesada Zato (26 de agosto de 1930, socio número 6, desde o 1 de setembro de 1946) e Antonio López Iglesias (28 de setembro de 1927, socio número 8, desde o 2 de xaneiro de 1947) recibiron esta mañá no seu despacho profesional e o seu domicilio, respectivamente, as insignias que os acreditan como Socios de Platino do Club. O presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, e o presidente da Asociación de Veteranos, Manuel Ríos Quintanilla, Manolete, fixeron entrega da máxima distinción da entidade, a insignia de ouro e brillantes, e dun diploma acreditativo.

A vinculación de Emilio Quesada co Club non só é como histórico socio branquiazul senón que, entre xullo de 1970 e xuño de 1973, foi vicesecretario da directiva Deportivista encabezada por Antonio González, equipo reitor que recibiu o 26 de agosto de 1972 a doazón de Pedro Barrié de la Maza do piso da praza de Pontevedra, 19 1º no que, desde entón, se atopa a sede social do Club.