RCD / NOVAS

En marcha a Copa Feminina Deputación da Coruña, na que defende título o Deportivo ABANCA

15/07/2018 20:03

Nos próximos días terá lugar o sorteo da terceira edición da Copa Feminina Deputación da Coruña, na que participará o Deportivo ABANCA, campión das dúas edicións anteriores.

Os seus rivais, tendo en conta a temporada 2017-18, serán os seguintes:

-Os outros dous equipos de Segunda Nacional da provincia: Victoria CF A e Victoria FC A de Santiago.

-Cinco equipos de Primeira División Autonómica: Orzán SD, SD O Val, Torre SD, SD Tordoia e EFM Concello de Boiro.

-Vinte e dous equipos de Segunda División Autonómica: CF Deportivo Orzán, SD Villestro, CD Unión, SE Abellá, Sporting Burgo, Touro SD, Portazgo SD, SCD Pastoriza, Imperátor OAR, UD Santiso FC, Silva SD, Bergantiños CF, Eirís SD, Brexo Lema SD, Sporting Cambre, Unión Campestre, Vioño CF, Betanzos CF, ED Os Miudos, Xuventú Aguiño SD, Carreira CF e UD Carral.

As eliminatorias serán a partido único e xogaranse no campo do equipo de menor categoría ou, no caso de ser da mesma, segundo ditamine o sorteo.

As datas de competición son as seguintes:

Eliminatoria previa: Domingo 29 de xullo

Oitavos de final: Domingo 5 de agosto

Cuartos de final: Domingo 12 de agosto

Semifinal: Domingo 19 de agosto

Final: 22, 25 ou 26 de agosto, segundo ditamine a Federación Galega de Fútbol.