RCD / NOVAS

Entradas de Liga, Copa e UEFA

Xa están á venda nos locais do Club situados na Avenida da Mariña as entradas para os próximos partidos de Liga, Copa do Rei e Copa da UEFA. Cabe lembrar que a venda se realiza nestes locais de luns a venres en horario de mañá e tarde salvo excepto o mesmo día do partido, en que a venda se realiza nos despachos de billetes do Estadio de Riazor.

26/01/2000 19:35

As entradas para o partido Deportivo-Real Madrid, da 23ª xornada de Liga, que se disputará o próximo día 6 de febreiro ás 19:30 horas; do Deportivo-Osasuna correspondente á volta de oitavos de final da Copa do Rei e que terá lugar o 2 de febreiro ás 21:00 horas e tamén as do encontro de volta da eliminatoria de oitavos de final de Copa da UEFA ante o Arsenal que se disputará en Riazor o 9 de marzo ás 21:00 horas.