18/11/2016 16:31 |
RCD / NOVAS
Estrela Galicia regálavos 50 abonos para toda a tempada
Estrela Galicia dá un paso más no seu apoio ao noso equipo como veu facendo desde hai tempo co seu patrocinio ao Deportivo da Coruña e puxo en marcha unha promoción coa que quere recompensar a Fe no Depor dos seus incondicionais regalando 50 abonos para toda a tempada e que se suma á edición especial das súas botellas do Deportivo da Coruña.

Para esta acción activou unha web á cal se pode acceder desde www.estrellagalicia.es ou directamente desde http://unabonocaidodelcielo.estrellagalicia.es onde cun sinxelo mecanismo no que enviar unha imaxe entraremos no sorteo dos 50 abonos.
Sinxelo verdade? Pois para facercho aínda máis fácil, se es seguidor en Facebook de Estrela Galicia, tamén poderás participar por esta vía. Se aínda non o es, sinxelamente entra no seu Facebook http://www.facebook.com/estrellagalicia e accede á pestana "Fe no Depor, temos un abono esperándoche.
A que esperas? Pon a túa creatividade a funcionar e faiche cun premio especialmente pensado para un verdadeiro crente do Depor como ti!!