RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo comeza a debuxar o seu Dépor

Os Nosos completaron este martes pola tarde a súa cuarta sesión de traballo nas primeiras 48 horas da segunda semana de pretemporada.

E Antonio Hidalgo comeza a perfilar o seu Dépor xa de cara aos primeiros amigables do verán.

Para iso, o técnico deportivista dispuxo un exercicio de ataque e defensa, ademais dun partido en espazos amplos no que impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas.

José Ángel está con traballo personalizado mentres que Arnau Comas fai tarefas co grupo e outras co readaptador.

Iván Barbero e Iano Simao estiveron con permiso.

Mañá mércores haberá unha única sesión de traballo, a partir das 10:30 en Abegondo.

Alto ritmo na sesión matinal

Alto ritmo na sesión matinal deste martes 15 de xullo, primeira do día, no campo 2 de Abegondo.

Após unha activación con forza, houbo un exercicio de posición, unha tarefa ofensiva e partidos en espazo reducido, de alta intensidade.