RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Inaugurada a Peña Bebel en Guitiriz

A localidade lucense de Guitiriz, no número 25 da súa rúa do Concello, acolleu a inauguración da Peña Deportivista Bebel, presidida por Manuel Figueira.

Xunto aos membros da agrupación branquiazul e os directivos da Federación de Peñas, encabezada polo seu presidente Luis Martínez estiveron, representando ao Dépor, Aroa Guerra, María Calvo, Alberto Quiles e o xogador vilalbés Diego Villares, acompañados pola directora social do Club, Gelines Romero.