RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Integral Motion, patrocinador de Jaime Sánchez

Jaime Sánchez visitou esta semana as instalacións de Integral Motion para recibir a súa camiseta para o que resta de temporada co patrocinio persoal que lucirá. Integral Motion, a través da súa plataforma www.integralmotion.es, sitúase como un referente no sector da compravenda de vehículos seminovos e de ocasión, cun stock de máis de 800 modelos a disposición dos clientes. Tamén www.integralmotion.es converteuse nunha firma moi vinculada ao deportivismo ao posibilitar, co seu patrocinio, a emisión en aberto para todo o mundo, dos partidos de pretemporada do primeiro equipo branquiazul as dúas últimas campañas, ademais de realizar promocións específicas para as persoas abonadas ao club. Xunto a www.integrlamotion.es, a N-VI, Km 581,7 Espírito Santo, acolle a exposición dos vehículos da firma coruñesa, con sede tamén en Santiago, Ferrol, Pontevedra e Madrid.

Ademais de na elástica de xogo, www.integralmotion.es tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén teñen a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR, como o caso de www.integralmotion.es co desta fin de semana ante o CD Calahorra.

Todos os detalles deste patrocinio patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Os Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.