RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Irureta: É un partido importantísimo para a historia do Club

Javier Irureta destacou este mediodía a transcendencia do encontro ante o Figueres que os branquiazuis disputan este mércores en Riazor. O técnico lembrou que "é posible pasar á final, co que iso implica, que se alcanzou moi poucas veces na historia do Cl

O adestrador deportivista lembrou que "no fútbol nada está escrito, o Figueres vai vir con moita ambición e moita ilusión, para eles é un partido histórico e cando o rival vén con esa motivación sempre é un equipo difícil. É importante que mantegamos o ritmo do xogo e o mando". E admitiu "tamén é verdade que partimos cun gol a favor e que eles terían que marcar dous goles. Quédannos 90 minutos e temos que ir a por eles e marcar. Queremos estar na final."

O de Irún lembrou "estamos no tres competicións, a un paso da final da Copa, co mérito que isto ten, hai que ver que o Manchester, por exemplo, caeu na Copa. Temos que valoralo porque ten moitísimo mérito e require moito esforzo."