RCD / NOVAS

Iván Cavaleiro, preconvocado pola Selección Sub-21 de Portugal

- Foto: Susi García - O deportivista Iván Cavaleiro foi preconvocado pola Selección Portuguesa sub-21 para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

20/08/2014 19:15

Os partidos en cuestión son o 4 de setembro en Drammen ante Noruega; e o 9 de setembro en Río Maior ante Azerbaijan.

A convocatoria definitiva farase pública por parte do seleccionador, Rui Jorge, o próximo 28 de agosto. En caso de ser citado, Cavaleiro terá que presentarse o 31 deste mes no centro de concentración de Rio Maior.

Medunjanin

Haris Medunjanin foi convocado polo seleccionador Safet Susic para participar nos dous próximos compromisos da súa selección, Bosnia Herzegovina, ante Liechtenstein e Chipre.

O internacional bosníaco está citado no Centro de Adestramento da federación do seu país en Zenica o vindeiro luns día 1. O primeiro partido, amigable, xogarase o día 4 ás 17:00 h. contra Liechtenstein no Estadio Tusanj de Tuzla. O segundo, clasificatorio para a Eurocopa 2016, disputarase o día 9 ás 20:45 no Estadio Bilino Polje de Zenica fronte a Chipre.

Rudy

A Selección de Angola citou ao deportivista Rudy para disputar dous partidos oficiais, ambos os clasificatorios para a Copa de África Marrocos 2015.

Así, o 6 de setembro, Angola visitará Gabón; e o día 10 recibirá a Burkina Faso. O futbolista branquiazul debe incorporarse á concentración o próximo 1 de setembro.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas