RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeira xornada de probas médicas e físicas para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA regresou este luns 14 de xullo a Abegondo para comezar a pretemporada.

As futbolistas foron sometidas a partir das 8:30 á analítica de rutina antes de almorzar xa na instalación.

A continuación, a axenda consistiu en valoracións antropométricas, fisioterapia e ximnasio por quendas.

Ademais, Fran Alonso dedicará estes días para intercambiar impresións con todas e cada unha das xogadoras.

Primeiro adestramento en campo o mércores 16

Fran Alonso dirixirá a primeira sesión co grupo o mércores 16 no campo 6 de Abegondo a partir das 10:30 horas.

As futbolistas coas que conta son a seguintes: Yohana Gómez, Samara Ortiz, Vera Martínez, Henar Muiña, Marina Artero, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Olaya Rodríguez, Millene Cabral, Paula Monteagudo, Rosalía Muiño, Ainhoa Marín, Carlota Sánchez, Sara Extremera, Raquel García, Bárbara Latorre, Elena Vázquez, Lucia Martínez, Cristina Martínez, Merle Barth, Colette Cavanagh, Paula Novo, Carmen Carballada, Lucía Rivas, Paula Redruello, Laura Ruiz, Martina Rivas e Antía Veiga.

Non estarán as internacionais Inês Pereira, que se incorpora o 25 de xullo após o seu paso pola Eurocopa; e Michi Apóstol e Espe Pizarro, en competición coa Copa América de Quito.