RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA comeza a liga F o sábado 30 ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Badalona Women

Liga F fixo públicos os horarios da primeira xornada, na que o Dépor ABANCA recibe en ABANCA-RIAZOR ao FC Badalona Women.

O choque está fixado para o sábado 30 de agosto ás 18:00 horas, retransmitido en directo por Dazn.

Mentres tanto, As Nosas atópanse inmersas nunha nova semana de pretemporada que concluirá este sábado 16 de agosto ás 21:00 horas no campo de Los Cuartos de La Orotava ante o Costa Adeje Tenerife (21:00 hora galega, 20:00 hora local), co Trofeo Teide en xogo.

O equipo recibiu onte martes 12 de agosto ás súas dúas últimas internacionais procedentes da Copa América: Michi Apóstol e Espe Pizarro.