
FUNDACIÓN · 24 XUÑO 2026
SILLEDA LUCE O SEU DÉPORCAMPUS, XA NA SÚA 7ª EDICIÓN
O concello de Silleda xa luce a súa 7ª edición dos DeporCampus, en colaboración co Silleda CF e coa SD Bandeira.Así pois, está xa en marcha unha das sedes máis antigas e consolidadas, con cheo de prazas nas últimas edicións.O acto de presentación tivo lugar no Concello de Silleda e contou coa participación de Paula Fernández, alcaldesa; Mónica González, concelleira de Deportes; Ángela Troitiño, concelleira de Educación; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 13 ao venres 17 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia.As persoas participantes gozarán das seguintes vantaxes:-Seguro de accidentes deportivos.-Unha equipación deportiva por cada quenda semanal, composta de camiseta, pantalón e medias.-Almorzo consistente en auga, barritas e froita.-Diploma.-Sorteo de agasallos.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán a Silleda a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.As inscricións, abertas ata o martes 7 de xullo ás 14:00 ou ata completar prazas, pódense formalizar neste enlace.

RC Deportivo: nova identidade, mesmo sentimento

O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...