
FUNDACIÓN · 23 XUÑO 2026
EN MARCHA A QUINTA EDICIÓN DO DÉPORCAMPUS DO COLEXIO INTERNACIONAL DE EIRÍS
Xa está en marcha a 5ª edición dos DeporCampus no Colexio Internacional de Eiris, sede tamén habitual das DéporEscolas.O acto de presentación tivo lugar nas instalacións do colexio; e contou coa presenza de José Espiñeira Sánchez, director xeral do colexio; Adrián Cañizo López, profesor de educación física e coordinador de campo da actividade; Carlos García Collazo, responsable de proxectos da RC Deportivo Fundación; e Alberto Bonigno Silva, coordinador das DéporEscolas.A actividade desenvolverase en dous quendas semanais: do luns 29 de xuño ao venres 3 de xullo; e do luns 6 ao venres 10 de xullo.Como o resto dos DéporCampus, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán ao Colexio Internacional de Eiris a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.As inscricións pódense realizar na web oficial do colexio ata esgotar prazas neste enlace.

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...