
FUNDACIÓN · 22 XUÑO 2026
400 NENOS E NENAS ARRANCARON OS DÉPORCAMPUS 2026 NO DÉPOR TRAINING CENTER, LUGO, OUTES, SANXENXO E TERRAS DE MASIDE
Este luns 22 de xuño arrancou o DéporCampus 2026 nas sedes do Dépor Training Center, Lugo, Outes, Sanxenxo e Terras de Maside.Un total de 400 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos), independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística, xa gozan dunha das actividades de referencia no verán galego.Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA implantan a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA levan a cabo no Dépor Training Center.Así, as e os participantes realizan:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación co balón.-Habilidade co balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.Os obxectivos marcados son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

O RC Deportivo proporciona a cada participante un equipamento completo: camiseta, pantalón e medias; ademais dunha merenda consistente en auga, barritas e froita.Polo tanto, só son necesarias botas de tacos ou multitacos de goma, camiseta térmica ou chuvasqueiro en caso de choiva e aerosol ou crema solar. Non é necesario o uso de caneleiras.Os nenos e nenas contan ademais con:-Seguro de accidentes deportivos.-Diploma.-Sorteo de agasallos.Últimas horas para inscribirse nas sedes de Caranza, Cee e Colegio Internacional de EirísA segunda semana dos DéporCampus, comprendida entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, contará coas sedes do Dépor Training Center, Caranza, Cee e Colegio Internacional de Eirís.O prazo de inscrición conclúe este martes 23 de xuño ás 14:00.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].

Calendario de sedesDurante a 3ª semana, do 6 ao 10 de xullo, o campus celebrarase en Monforte, Santa Comba, Caranza, Colegio Internacional Eirís e Colegio Santa María del Mar.Na 4ª semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Villalba e Silleda.Na 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e o Colexio Santa María del Mar este ano 2026 será que contan con servizo de madrugadores.

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...

O Dépor ABANCA xa coñece aos seus rivais na súa terceira temp...

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite




