
DÉPOR · 22 XUÑO 2026
O RC DEPORTIVO LANZA O LEMBRADÉ 2025-26, UNHA EXPERIENCIA PERSONALIZADA PARA QUE CADA DEPORTIVISTA REVIVA UNHA TEMPORADA HISTÓRICA
O RC Deportivo presenta a segunda edición do LembraDÉ, unha iniciativa dixital estreada a pasada temporada e pensada para que as persoas abonadas poidan revivir os momentos máis especiais da histórica temporada 2025-26 a través da APP oficial do Dépor.Cada deportivista poderá acceder a un resumo personalizado da súa campaña: os partidos vividos en ABANCA-RIAZOR, os goles celebrados e todos eses recordos propios que fixeron única esta temporada xunto ao Dépor.LembraDÉ nace coa idea de transformar unha temporada enteira nunha experiencia persoal, emocional e compartible, celebrando a paixón e a fidelidade da masa social branquiazul.Para poder gozar desta experiencia, é necesario ter instalada a APP oficial do RC Deportivo.No caso de non a ter descargada, as persoas usuarias deberán instalala no seu dispositivo.Quen xa a teña, deberá actualizala á última versión dispoñible para acceder a todas as funcionalidades de LembraDÉ.Como acceder ao LembraDÉ:1. Descarga a APP oficial do RC Deportivo se aínda non a tes instalada.2. Actualiza á última versión dispoñible.3. Inicia sesión coa túa conta de abonado/a.4. Accede ao LembraDÉ na sección 'para ti' ou no teu perfil.5. Revive os mellores momentos da túa temporada.Con esta iniciativa, o RC Deportivo continúa apostando por ofrecer novas experiencias dixitais a todos os deportivistas.

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...

O Dépor ABANCA xa coñece aos seus rivais na súa terceira temp...

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite

Emotiva primeira xornada do Dépor Genuine na fase final de La...