
DÉPOR GENUINE · 21 XUÑO 2026
O DÉPOR GENUINE CONCLÚE UNHA NOVA LIGA GENUINE MOEVE MARCADA POLA SUPERACIÓN E A AMIZADE
Máis alá dos resultados, o Dépor Genuine volveu demostrar esta fin de semana por que LaLiga Genuine Moeve é moito máis ca unha competición de fútbol.Na Ciudad del Fútbol de Las Rozas, Os Nosos puxeron o punto final a unha competición chea de esforzo, aprendizaxe, compañeirismo e ilusión, compartindo unha vez máis os valores que fan única esta iniciativa impulsada pola Fundación LaLiga.As bancadas, ateigadas de familiares, amizades e afeccionados, volveron reflectir a forza dunha comunidade que entende o fútbol como unha ferramenta de inclusión, respecto e compañeirismo.O equipo branquiazul enfrontouse nesta fase final ao Gimnàstic de Tarragona, a UD Las Palmas e o RCD Mallorca.Os resultados dos branquiazuis foron os seguintes:Sábado 20 de xuñoDÉPOR GENUINE 0 - NÁSTIC DE TARRAGONA 1UD LAS PALMAS 2 - DÉPOR GENUINE 1Domingo 21 de xuñoDÉPOR GENUINE 1 - RCD MALLORCA 2Desta maneira pechouse unha competición na que cada adestramento, cada viaxe e cada partido foi unha oportunidade para medrar e gozar do fútbol na súa esencia máis pura.

-Foto: LaLiga
Un dos momentos máis especiais chegou o sábado pola noite coa festa de fin de temporada. Alí, todos os equipos compartiron unha velada de celebración e convivencia que puxo de manifesto, unha vez máis, o vínculo que une a quen forma parte de LaLiga Genuine Moeve.Tras o último encontro da xornada do domingo chegou a cerimonia de clausura.Real Betis Balompié, Celta Integra Zelnova e Cultural Leonesa alzáronse como campións no ámbito deportivo dos grupos Respeto, Deportividad e Compañerismo; mentres que Real Racing Club, Real Sociedad Fundazioa e UD Ibiza se consagran como líderes das clasificacións de Fair Play, reforzando o papel central dos valores dentro dunha liga que mantén intacta a súa esencia: competir, convivir e gozar.Os integrantes do Dépor Genuine, décimo segundos clasificados no grupo Respeto, tamén recibiron as súas medallas como recoñecemento a unha temporada exemplar. Un premio que vai moito máis alá de calquera marcador e que simboliza o compromiso, a superación, o respecto e a alegría coas que representaron o deportivismo durante todo o ano.En LaLiga Genuine Moeve non só se celebran os goles ou as vitorias. Celébranse os sorrisos, as amizades, o traballo en equipo e a capacidade de demostrar que o fútbol pode ser unha poderosa ferramenta de inclusión.Unha vez máis, o Dépor Genuine foi un magnífico embaixador deses valores.

Foto: LaLiga

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor ABANCA xa coñece aos seus rivais na súa terceira temp...

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite

Emotiva primeira xornada do Dépor Genuine na fase final de La...

Resultados deste sábado 20 e calendario do domingo 21 de xuño...

Novo evento do proxecto 'One Team No Limits', sumando experie...