RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés este domingo 25 en ABANCA-RIAZOR: "por primeira vez gañar na casa e conseguir a segunda vitoria consecutiva"

DÉPOR ABANCA · 20 OUTUBRO 2026

SEMANA DE DOBRE RETO PARA AS NOSAS ANTE O DEPORTIVO ALAVÉS ESTE DOMINGO 25 EN ABANCA-RIAZOR: "POR PRIMEIRA VEZ GAÑAR NA CASA E CONSEGUIR A SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA"

As Nosas, este martes 20 de outubro con xornada de descanso, prepararán desde este mércores 21 de outubro a seguinte cita ligueira, a visita do Deportivo Alavés a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 25 de outubro ás 12:45, retransmitida en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.Os resultados da pasada xornada, co triunfo en Ipurúa, deixaron o Dépor ABANCA con 8 puntos na 10ª posición.Alberto Rodríguez lembrou nada máis concluír o encontro ante a SD Eibar que o obxectivo ante as vitorianas é "en primeiro lugar, gañar por primeira vez no ano en ABANCA-RIAZOR e, en segundo lugar, conseguir a segunda vitoria consecutiva".O corpo técnico disporá de 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center con esta planificación:Mércores 21 de outubro11.00Xoves 22 de outubro11:00Venres 23 de outubro11:00 h.Sábado 24 de outubro11.00 h.Domingo 25 de outubro12:45: Deportivo ABANCA - Deportivo Alavés, en ABANCA-RIAZOR