
DÉPOR · 20 OUTUBRO 2026
O RC DEPORTIVO PRESENTA SAMAÍN BRANQUIAZUL, UNHA VISITA GUIADA DA MAN DE SUSO MARTÍNEZ PARA DESCUBRIR OS MISTERIOS DE ABANCA-RIAZOR
O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha experiencia especial no Dépor Museo&Tour que convida a descubrir a historia do Club e os recunchos de ABANCA-RIAZOR a través de relatos, misterios e sorpresas o venres 30 e o sábado 31 de outubro de 2026.
Na noite na que, segundo a tradición, os mortos regresan ao mundo dos vivos, Suso Martínez, actor, historiador e guía turístico, caracterizarase como o presidente do Real Club Deportivo da Sala Calvet para guiar os visitantes por unha experiencia que propón descubrir o estadio e a historia blanquiazul desde unha perspectiva diferente.
Suso Martínez conta cunha ampla traxectoria dando vida a personaxes históricos e descubrindo lugares, episodios e relatos singulares, especialmente na cidade da Coruña. O guión da visita é de Rubén Ventureira, xornalista e historiador do RC Deportivo, que achegará unha ollada orixinal á historia do Club e a algúns dos seus episodios máis fascinantes.
Desde as orixes do Deportivo na Sala Calvet ata a figura de Arsenio Iglesias, pasando polos misterios que rodean ABANCA-RIAZOR, a influencia da meteoroloxía na historia do equipo ou o vínculo entre o deportivismo e o imaxinario das meigas, Samaín Branquiazul convida a redescubrir a memoria blanquiazul a través de historias que van máis alá do coñecido.
A experiencia incluirá a visita ao Dépor Museo e un percorrido por diferentes espazos emblemáticos do estadio, entre eles a sala de prensa, a zona mixta, o vestiario, o palco de honra e a saída ao terreo de xogo. Un itinerario de 90 minutos no que a historia, a cultura e o misterio se darán a man para ofrecer unha forma diferente de vivir o Dépor Museo&Tour.
Horarios de Samaín Branquiazul
As visitas celebraranse en catro quendas:
- Venres: 20:00 e 22:00 horas.
- Sábado: 16:00 e 18:00 horas.
Con Samaín Branquiazul, o RC Deportivo propón unha experiencia especial para achegarse á historia do Club desde unha perspectiva insólita, nun escenario onde os recordos blanquiazules conviven con lendas, enigmas e relatos por descubrir.
Este Samaín, ABANCA-RIAZOR agocha historias que nunca escoitaches… Atréveste a descubrílas?

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede

A canteirá deportivista Antía Veiga comezou con vitoria ante ...