
DÉPOR ABANCA · 21 XUÑO 2026
O DÉPOR ABANCA XA COÑECE AOS SEUS RIVAIS NA SÚA TERCEIRA TEMPORADA CONSECUTIVA NA ELITE
A ilusión volve poñerse en marcha para o Dépor ABANCA. As Nosas afrontan a súa terceira temporada consecutiva na Liga F, consolidando a presenza blanquiazul na máxima categoría do fútbol feminino español e reafirmando o crecemento dun proxecto que non deixa de dar pasos cara adiante.A partir do mes de setembro, o conxunto deportivista volverase medir con algúns dos mellores equipos do país. No camiño estarán o FC Barcelona, Real Madrid CF, Real Sociedad, UD Costa Adeje Tenerife, Atlético de Madrid, Granada CF, Athletic Club, Sevilla FC, Madrid CFF, FC Badalona Women, RCD Espanyol, SD Eibar, DUX Logroño, Deportivo Alavés e Valencia CF.Será, ademais, unha campaña histórica para o fútbol feminino español, xa que a Liga F debutará por primeira vez en La Quiniela, un novo paso adiante na visibilidade e o recoñecemento dunha competición que segue medrando temporada tras temporada.Co respaldo de ANOSAFORZA, que nunca falla, e o orgullo de representar o deportivismo na elite, o Dépor ABANCA xa se prepara para afrontar un novo reto cargado de ilusión, ambición e ganas de seguir facendo historia.Así, Merle Barth e Paula Redruello 'Redru' xa renovaron o seu contrato ata 2027 e 2028 respectivamente.Precisamente a mediocentro asturiana, xunto coa canteirá Lucía Rivas, representarán As Nosas na fase final do campionato de Europa sub-19 que arrinca a finais deste mes.

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite

Emotiva primeira xornada do Dépor Genuine na fase final de La...

Resultados deste sábado 20 e calendario do domingo 21 de xuño...

Novo evento do proxecto 'One Team No Limits', sumando experie...

Teun Gijselhart: "É incrible a afección, como se vive o fútbo...

A sede máis antiga dos DéporCampus, Caranza, non falla á súa ...