
DÉPOR ABANCA · 5 NOVEMBRO 2026
MARISA GARCÍA RECALCA ANTE A VISITA DO VALENCIA CF FÉMINAS QUE "NOS SENTIMOS MOI CÓMODAS XOGANDO EN ABANCA-RIAZOR"
Marisa García manifestou este xoves 5 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center ao recoller o Premio Estrella á mellor xogadora do Dépor ABANCA no mes de outubro que "nestes últimos partidos tivemos boas sensacións. É verdade que en Madrid se nos escaparon nos últimos minutos os puntos. Fixemos un bo partido. Só nos faltou coidar algúns detalles e estamos a traballar para seguir na boa liña".A dianteira deportivista asegura tras a suspensión do partido de Copa de la Reina en Barcelona ante o CE Europa previsto inicialmente para este mesmo xoves que "estamos xa centradas no Valencia CF Féminas, en facer un bo partido e en levar os 3 puntos".Precisamente do conxunto valencianista advirte que "vén de sumar a súa primeira vitoria. Van vir con todo pero sabemos como facerlles dano. Temos moitas armas para poder levar os 3 puntos".Marisa subliña que "nos sentimos moi cómodas xogando en ABANCA-RIAZOR, con ANOSAFORZA. Sempre nos dan ese apoio como ante o Deportivo Alavés, que ao final levamos os 3 puntos".Finalmente, a nivel persoal afirma atoparse "moi ben. Vin do Mundial cun plus de confianza. Estou moi contenta de axudar ao equipo con goles e asistencias; e oxalá sexan moitos máis".

O partido suspendido de Copa de la Reina entre o Dépor ABANCA...

Quagliata: "Cando o equipo e ABANCA-RIAZOR están conectados é...

O Dépor intensifica o traballo táctico e de estratexia para "...

Giacomo Quagliata e Marisa García, xogadores Estrella do mes ...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo ...

Bereket incorpórase como Colaborador Oficial do RC Deportivo